O alumnado de 1º e de 2º de ESO do CPI Dr. López Suárez de Escairón estiveron participando neste curso escolar 2018 - 2019 no programa europeo de prevención do tabaquismo "Clases sen Fume".
As actividades que desenvolveron ao longo deste ano académico foron as seguintes:
- Compromiso colectivo de toda a clase de manterse sen fumar ao longo de seis meses consecutivos durante o curso escolar.
- Realización dun cartaz / slogan sobre prevención do tabaquismo.
- Realización de tarefas e unidades didácticas.
- Elaboración dunha actividade creativa.
- Concienciación da Comunidade Educativa sobre os efectos nocivos do tabaco.
Ao longo de todo este tempo, as alumnas e alumnos de 1º de ESO foron realizando unha canción (como actividade creativa dentro do programa) sobre o tabaquismo. O resultado foi o seguinte:
No hay comentarios:
Publicar un comentario