jueves

Plan Proxecta - Quérote +: Escape Room

Un Escape Room é unha experiencia de xogo onde se desafía a saír dun cuarto onde se quedaron pechadas. Para conseguilo é necesario superar unha serie de retos de diferentes características, que levarán a atopar a chave que abre a porta.
No terreo educativo, esta experienca pode formar parte dunha estratexia de xestión da aula en diferentes sentidos: aprendizaxe a través do xogo, traballo de convivencia, ...
O alumnado de 3º de ESO, dentro do marco do programa Quérote +, e dentro do Plan proxecta, crearon un escape room educativo, cuxa temática central son os centros Quérote +. Dito escape room levarase a cabo a principios do vindeiro curso co alumnado que pasa para 3º de ESO, e como introducción a esta temática.


































lunes

Clases sen Fume 2018 - 2019: actividade creativa 2º de ESO



O alumnado de 1º e de 2º de ESO do CPI Dr. López Suárez de Escairón estiveron participando neste curso escolar 2018 - 2019 no programa europeo de prevención do tabaquismo "Clases sen Fume".
As actividades que desenvolveron ao longo deste ano académico foron as seguintes:

  • Compromiso colectivo de toda a clase de manterse sen fumar ao longo de seis meses consecutivos durante o curso escolar.
  • Realización dun cartaz / slogan sobre prevención do tabaquismo.
  • Realización de tarefas e unidades didácticas.
  • Elaboración dunha actividade creativa.
  • Concienciación da Comunidade Educativa sobre os efectos nocivos do tabaco.
Ao longo de todo este tempo, as alumnas e alumnos de 1º de ESO foron realizando unha canción (como actividade creativa dentro do programa) sobre o tabaquismo. O resultado foi o seguinte:


Clases sen Fume 2018 - 2019: actividade creativa 1º de ESO




O alumnado de 1º e de 2º de ESO do CPI Dr. López Suárez de Escairón estiveron participando neste curso escolar 2018 - 2019 no programa europeo de prevención do tabaquismo "Clases sen Fume".
As actividades que desenvolveron ao longo deste ano académico foron as seguintes:

  • Compromiso colectivo de toda a clase de manterse sen fumar ao longo de seis meses consecutivos durante o curso escolar.
  • Realización dun cartaz / slogan sobre prevención do tabaquismo.
  • Realización de tarefas e unidades didácticas.
  • Elaboración dunha actividade creativa.
  • Concienciación da Comunidade Educativa sobre os efectos nocivos do tabaco.
Ao longo de todo este tempo, as alumnas e alumnos de 1º de ESO foron realizando un vídeo informativo (como actividade creativa dentro do programa) sobre o porqué é malo fumar. O resultado foi o seguinte:




Clases sen Fume 2018-2019 : traballos realizados polo alumnado de 1º e de 2ª de ESO



Durante este curso escolar 2018 - 2019, o alumnado de 1º de ESO, xunto co alumnado de 2º de ESO, estiveron realizando diferentes tarefas relacionadas coa prevención do tabaquismo. Entre estas tarefas, estiveron difundindo entre a comunidade educativa deste centro, cales son os efectos nocivos do tabaco. Para conseguilo, elaboraron unha serie de cartaces informativos que foron colocando por diversas zonas do centro, para que as mensaxes poidesen chegar a todo o mundo.
Unha mostra deste traballo son as seguinte: