lunes

Clases sen Fume 2018 - 2019: actividade creativa 1º de ESO




O alumnado de 1º e de 2º de ESO do CPI Dr. López Suárez de Escairón estiveron participando neste curso escolar 2018 - 2019 no programa europeo de prevención do tabaquismo "Clases sen Fume".
As actividades que desenvolveron ao longo deste ano académico foron as seguintes:

  • Compromiso colectivo de toda a clase de manterse sen fumar ao longo de seis meses consecutivos durante o curso escolar.
  • Realización dun cartaz / slogan sobre prevención do tabaquismo.
  • Realización de tarefas e unidades didácticas.
  • Elaboración dunha actividade creativa.
  • Concienciación da Comunidade Educativa sobre os efectos nocivos do tabaco.
Ao longo de todo este tempo, as alumnas e alumnos de 1º de ESO foron realizando un vídeo informativo (como actividade creativa dentro do programa) sobre o porqué é malo fumar. O resultado foi o seguinte:




No hay comentarios:

Publicar un comentario