lunes

Clases sen Fume 2019-2020 : traballos realizados polo alumnado de 1º e de 2ª de ESO


Durante este curso escolar 2019 - 2020, o alumnado de 1º de ESO, xunto co alumnado de 2º de ESO, estiveron realizando diferentes tarefas relacionadas coa prevención do tabaquismo. Entre estas tarefas, estiveron difundindo entre a comunidade educativa deste centro, cales son os efectos nocivos do tabaco. Para conseguilo, elaboraron unha serie de cartaces informativos que foron colocando por diversas zonas do centro, para que as mensaxes poidesen chegar a todo o mundo.
Unha mostra deste traballo son as seguinte:































Clases sen fume 2019 - 2020: slogan 2º ESO


Con data de 31 de xaneiro de 2020 remata o prazo para facer a entrega da primeira tarefa do concurso "Clases sen Fume", que consiste na elaboración dun cartaz (un lema, acompañado dunha representación gráfica, traballado entre todas e todos, e orixinal) en contra do tabaco ou relacionado coa prevención do tabaquismo, co obxectivo de convencer á mocidade a non comezar a fumar.

O traballo presentado polo alumnado de 2º de ESO do CPI Dr. López Suárez, de Escairón, foi o seguinte:



Clases sen fume 2019 - 2020: slogan 1º ESO


Con data de 31 de xaneiro de 2020 remata o prazo para facer a entrega da primeira tarefa do concurso "Clases sen Fume", que consiste na elaboración dun cartaz (un lema, acompañado dunha representación gráfica, traballado entre todas e todos, e orixinal) en contra do tabaco ou relacionado coa prevención do tabaquismo, co obxectivo de convencer á mocidade a non comezar a fumar.
O traballo presentado polo alumnado de 1º de ESO do CPI Dr. López Suárez, de Escairón, foi o seguinte:


sábado

CONTACTO CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Debido á cuarentena e ao estado de confinamento que estamos a vivir na actualidade, se calquera membro da comunidade educativa (familias, alumnado, ...) ten a necesidade de poñerse en contacto co orientador do CPI Dr. López Suárez, para resolver dúbidas, inquedanzas, ...., pode facelo a través do seguinte correo electrónico corportativo:

tatecamba@edu.xunta.gal

Intentarei dar resposta coa maior prontitude posible.
Un saúdo cordial e a coidarse, que xa falta menos !!!