viernes

Apuntámonos a non beber curso 2021-2022


Neste curso escolar 2021 - 2022 o alumnado de 1º de ESO do CPI Dr. López Suárez de Escairón (O Saviñao)  apuntáronse, dentro da oferta de programas do Plan Proxecta, ao de "Apuntámonos a non beber", un programa de prevención do consumo de alcol para escolares, do Servizo de Prevención de Condutas Aditivas da Consellería de Sanidade

Esta actividade estrutúrase en dúas partes:

1. Unha xornada de formación inicial, a cargo do persoal da Consellería de Sanidade

2. Unha fase de elaboración, onde realizaron varias campañas de contrapublicidade e que se expón a continuación. 

Froito deste traballo temos como resultado todas estas campañas de contrapublicidade elaborado polo nosos alumnos e alumnas:







Clases sen fume 2020 - 2021: actividade creativa 2º ESO

 


O alumnado de 1º e de 2º de ESO do CPI Dr. López Suárez de Escairón estiveron participando neste curso escolar 2021 - 2022 no programa europeo de prevención do tabaquismo "Clases sen Fume".
As actividades que desenvolveron ao longo deste ano académico foron as seguintes:


  • Compromiso colectivo de toda a clase de manterse sen fumar ao longo de seis meses consecutivos durante o curso escolar.
  • Realización dun cartaz / slogan sobre prevención do tabaquismo.
  • Realización de tarefas e unidades didácticas.
  • Elaboración dunha actividade creativa.
  • Concienciación da Comunidade Educativa sobre os efectos nocivos do tabaco.
Ao longo de todo este tempo, as alumnas e alumnos de 2º de ESO foron realizando un video de concienciación contra o tabaco e en favor da actividade física como hábito de vida saúdable

:

Clases sen fume 2021 - 2022: actividade creativa 1º ESO

 

O alumnado de 1º e de 2º de ESO do CPI Dr. López Suárez de Escairón estiveron participando neste curso escolar 2021 - 2022 no programa europeo de prevención do tabaquismo "Clases sen Fume".
As actividades que desenvolveron ao longo deste ano académico foron as seguintes:
  • Compromiso colectivo de toda a clase de manterse sen fumar ao longo de seis meses consecutivos durante o curso escolar.
  • Realización dun cartaz / slogan sobre prevención do tabaquismo.
  • Realización de tarefas e unidades didácticas.
  • Elaboración dunha actividade creativa.
  • Concienciación da Comunidade Educativa sobre os efectos nocivos do tabaco.
Ao longo de todo este tempo, as alumnas e alumnos de 1º de ESO foron realizando unha campaña de concienciación sobre o tabaquismo. O resultado foi o seguinte:





CLASES SEN FUME 2021 - 2022: TRABALLOS REALIZADOS

 

Durante este curso escolar 2021 - 2022, o alumnado de 1º de ESO, xunto co alumnado de 2º de ESO, estiveron realizando diferentes tarefas relacionadas coa prevención do tabaquismo. Entre estas tarefas, estiveron difundindo entre a comunidade educativa deste centro, cales son os efectos nocivos do tabaco. Para conseguilo, elaboraron unha serie de cartaces informativos que foron colocando por diversas zonas do centro, para que as mensaxes poidesen chegar a todo o mundo.
Unha mostra deste traballo son as seguinte:
















CLASES SEN FUME 2021 - 2022: SLOGAN

 



Este luns 31 de xaneiro rematou o prazo para entregar a primeira actividade de "Clases sen fume": envío do slogan.

Esta actividade consiste na creación dun lema, acompañado dunha representación gráfica, traballado entre todos e todas, orixinal e preferentemente positivo sobre a prevención do tabaquismo, co obxectivo de convencer á mocidade a non comezar a fumar. 

Resultado deste traballo o alumnado de 1º de ESO escolleu enviar o seguinte slogan:



Clases sen fume 2021 - 2022

 


Un ano máis, o alumnado de 1º e 2º de ESO do CPI Dr. López Suárez de Escairón participa no concurso de "Clases sen Fume". Trátase dunha iniciativa europea para a prevención do tabaquismo dirixidos a nenos e nenas de 12 a 14 anos. Baséase no compromiso individual e colectivo de non fumar durante alomenos 6 meses. Ao longo deste tempo o alumnado realizou unha serie de actividades como a creación dun slogan, elaboración dunha actividade creativa, traballo de titoría, ... relacionado coa prevención do consumo de tabaco.

Pincha AQUÍ para ir a páxina web da Consellería de Sanidade, responsables deste programa en Galicia.