jueves

Clases sen fume 2017 - 2018



Un ano máis, o alumnado de 1º e 2º de ESO do CPI Dr. López Suárez de Escairón participa no concurso de "Clases sen Fume". Trátase dunha iniciativa europea para a prevención do tabaquismo dirixidos a nenos e nenas de 12 a 14 anos. Baséase no compromiso individual e colectivo de non fumar durante alomenos 6 meses. Ao longo deste tempo o alumnado terá que realizar unha serie de actividades como a creación dun slogan, elaboración dunha actividade creativa, traballo de titoría, ... relacionado coa prevención do consumo de tabaco.

Pincha AQUÍ para ir a páxina web da Consellería de Sanidade, responsables deste programa en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario