O alumnado de 1º e de 2º de ESO do noso centro están a participar neste curso escolar 2016 - 2017 no programa europeo de prevención do tabaquismo, "Clases sen fume".
As actividades que desenvolveron ao longo do curso foron os seguintes:
- compromiso colectivo de toda a clase de manterse sen fumar ao longo de 6 meses consecutivos durante o curso escolar.
- realización dun slogan sobre a prevención do tabaquismo
- realización de actividades e unidades didácticas
- elaboración dunha actividade creativa
- vida saúdable a través da educación física e dunha charla impartida por un estudante de Nutrición
- concienciación da Comunidade Educativa sobre os efectos nocivos do tabaco.
Ao longo do curso as alumnas e alumnos de 2º de ESO foron realizando un rap sobre os efectos nocivos do tabaco. Podedes escoitar o resultado pinchando no seguinte audio:
No hay comentarios:
Publicar un comentario