O alumnado de 1º e de 2º de ESO do noso centro están a participar neste curso escolar 2015 - 2016 no programa europeo de prevención do tabaquismo.
As actividades que desenvolveron ao longo do curso foron os seguintes:
- compromiso de toda a clase de manterse sen fumar ao longo de 6 meses consecutivos durante o curso escolar
- realización dun slogan sobre a prevención do tabaquismo
- realización de actividades e unidades didácticas
- elaboración dunha actividade creativa
- concienciación da Comunidade Educativa sobre os efectos nocivos do tabaco
Ao longo de todo o curso o alumnado de 2º de ESO elaborou o seguinte vídeo como actividade creativa:
No hay comentarios:
Publicar un comentario