Publicouse no País Dixital un interesante artigo de Elisa Silió sobre o papel que teñen que desempeñar a familia nas súas casas coas tarefas que lles encomendan os profesores. Remata o artigo facendo unha serie de recomendacións:
- O pai non debe sentarse nunha cadeira ao lado do estudante porque transmite mensaxes negativas: "non sabes facelo só, descoida que xa me ocupo eu, ..."
- Non hai que correxir os exercicios na casa. O obxectivo non é levalos perfectos, senón probas a facelos para se conscientes da súa dificultades. O profesor corrixe mellor, hai que escoitalo.
- O neno ten que anotar nunha axenda os deberes, leccións a estudar, traballos a entregar, datas de exames
- Hai que empezar por unha tarefa breve e sinxela para quentar motores e logo facer as menos agradables. Reservar para o final algo lixeiro e entretido.
- Un reloxo na mesa axuda a controlar o tempo.
- Lembrarse que non é posible manter a atención ininterrumpidamente máis de 40 minutos.
- É recomendable estudar nun lugar da casa que non sexa de uso común, co móbil apagado.
- Hai que comprobar que corrixiu na clase os deberes e en qué fallou.
No seguinte enlace podedes ler o artigo completo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario