miércoles

QUÉROTE +: DÍA DA MULLER


Dentro das actividades organizadas no centro educativo para o día da muller, destacar o traballo colaborativo realizado polo alumnado de 3º (dentro do programa Quérote +) e 4º da ESO, expoñendo o seu traballo sobre mulleres de renome.
Aqui vos deixo algunha que outra foto:






















QUÉROTE +: TOD@S CONTRA A DISCRIMINACIÓN, TOD@S POLA IGUALDADE


O alumnado do CPI Dr. López Suárez levan varios anos participando das actividades desenvoltas por Quérote + (centros de información afectivo e sexual e de asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal, dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar)

Neste curso o alumnado de 3º e de 4º de ESO, dirixididos pola profesora de Xeografía e Historia, levaron a cabo un traballo de concienciación sobre a non discriminación por razóns de sexo. Crearon un "punto violeta", e "empapelaron" o centro educativo con carteis igualitarios. unha mostra do traballo desenvolto:























QUÉROTE + charla violencia de xénero


Dende o Plan Director, unha das charlas solicitadas por este centro foi a de "Violencia de Xénero". O mércores 4 de marzo unha representante da Subdelegación do Goberno en Lugo veu a impartir unha charla a todo o alumnado da ESO sobre a violencia sobre a muller, discriminación por razón de sexo ou orientación sexual.


CLASES SEN FUME: diploma de participación



Despois dun curso aprendendo e coñecendo os aspectos nocivos do tabaco, realizando actividades sobre esta temática e, o que é máis importante, sen iniciarse no consumo do tabaco, o alumnado obtivo o diploma de participación en clases sen fume 2014 - 2015.



CLASES SEN FUME 2014 - 2015: e seguimos loitando contra o tabaco



Outra actividade levada a cabo pola profe Pichel foi a implicación de toda a comunidade educativa do CPI Dr. López Suárez (alumnado, profesorado, pais, e incluso mascotas!!!) na elaboración dun anuncio televisivo en contra do consumo do tabaco e da importancia dos actos e actitudes dos maiores, xa que somos espellos onde se reflexan os nosos nenos. Podédelo ver en youtube ou ben no blog do departamento de Lingua Galega deste CPI:  PUNTO GALEGO

Aquí vos deixo o vídeo:



CLASES SEN FUME 2014 -2015: máis actividades



Durante este curso escolar houbo máis profesores deste centro educativo, que a pesares de non estar dentro do Plan Proxecta e do Concurso Clases sen fume, tamén participaron na promoción da vida saudable e na campaña antitabaco emprendida no noso centro. Como exemplo atopamos a Avelina Pichel Calo, profe de Lingua Galega e Literatura, que estivo traballando co alumnado de 1º e de 2º de ESO, dentro da súa materia o seguinte video:


"Tengo 9 años y fumo"

CLASES SEN FUME 2014 - 2015: baile e dieta mediterránea


Dentro da educación física, como alternativa as sustancias nocivas, e relacionado cos hábitos de vida saudable, este centro como complemento da dieta mediterránea, baila ao son de ZUMBA:


CLASES SEN FUME 2014 - 2015: actividade creativa 1º de ESO


O alumnado de 1º e de 2º de ESO do noso centro están a participar neste curso escolar 2014 - 2015 no programa europeo de prevención do tabaquismo.

As actividades que desenvolveron ao longo do curso foron os seguintes:

  • compromiso colectivo de toda a clase de manterse sen fumar ao longo de 6 meses consecutivos durante o curso escolar.
  • realización dun slogan sobre a prevención do tabaquismo
  • realización de actividades e unidades didácticas
  • elaboración dunha actividade creativa
  • vida saúdable a través da educación física
  • concienciación da Comunidade Educativa sobre os efectos nocivos do tabaco.
Ao longo do curso as alumnas e alumnos de 1º de ESO foron realizando cartel publicitario antitabaco (como actividade creativa dentro do programa), que podedes ver a continuación:


CLASES SEN FUME 2014 - 2015: traballos realizados



Durante este curso escolar o alumnado de 1º de ESO e de 2º de ESO, estiveron realizando diferentes tarefas relacionados coa prevención do tabaquismo. Entre estas actividades estivo a de difundir entre a comunidade educativa deste centro os efectos nocivos do tabaquo. Para elo realizaron diferentes carteis informativos que colocaron por diversas zonas do centro para que a mensaxe chegase a todo o mundo.
unha mostra destos slogans son as seguintes:










CLASES SEN FUME 2014 - 2015: SLOGAN 2º ESO


O luns 26 de xaneiro rematou o prazo para entregar a primeira actividade de "Clases sen fume": envío do slogan.
Esta actividade consiste nun lema, acompañado dunha representación gráfica, traballado entre todos, orixinal e preferentemente positivo sobre a prevención do tabaquismo, co obxectivo de convencer á mocidade a non comezar a fumar.

O slogan remitido polo alumnado de 2º de ESO:



CLASES SEN FUME 2014 - 2015: SLOGAN 1º de ESO



O luns 26 de xaneiro rematou o prazo para entregar a primeira actividade de "Clases sen fume": envío do slogan.
Esta actividade consiste nun lema, acompañado dunha representación gráfica, traballado entre todos, orixinal e preferentemente positivo sobre a prevención do tabaquismo, co obxectivo de convencer á mocidade a non comezar a fumar.

O slogan remitido polo alumnado de 1º de ESO:





PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Convocáronse as probas para o acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Ditas probas están destinadas a aquelas persoas que non reúnen os requisitos académicos para poder cursar esas ensinanzas. Para poder facer estas probas teñen que ter 17 anos (ou cumplilos neste ano) para o grao medio e 19 anos (ou cumplilos neste ano) para o grao superior.

Aqui vos deixo o enlace á convocatoria: