viernes

CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DA LOMCE




As modificacións introducidas pola LOMCE no currículo, organización, obxectivos, promoción, avaliacións, obtención de certificados e títulos terán o seguinte calendario de implantación:





CURSO 2014 - 2015:
EDUCACIÓN PRIMARIA:___________ 1º, 3º e 5º curso

FORMACIÓN PROFESIONAL: ______ 1º curso dos ciclos de formación profesional básica (suprímese a oferta de módulos obrigatorios dos PCPIs )


CURSO 2015 - 2016:
EDUCACIÓN PRIMARIA: _________ 2º, 4º e 6º curso

ESO: ____________________________ 1º e 3º curso

BACHARELATO: _________________ 1º curso

FORMACIÓN PROFESIONAL: ______ 2º curso dos ciclos de formación profesional básica
                                                                     inicio dos ciclos formativos de grao medio

CURSO 2016 - 2017:
ESO: ____________________________ 2º e 4 curso. A avaliación final de 4º non terá efectos académicos neste ano.

BACHARELATO: _________________ 2º curso. A avaliación final de bacharelato correspondente ás dúas convocatorias que se realicen no ano 2017 únicamente se terá en conta para o acceso á Universidade

LOMCE

O martes 10 de decembro de 2013 publicouse no BOE a Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (máis coñecida por LOMCE ou Lei Wert).


Aquí vos deixo un enlace para que a poidades consultar e ler.







jueves

CONVOCATORIA PLAN PROXECTA CURSO 2013 - 2014

No DOGA do 14 de xuño de 2013 saiu a convocatoria do Plan Proxecta para o curso 2013 - 2014.
Animo ao profesorado a apuntarse a algún dos programas que se oferta.

Para máis información consultar os seguintes enlaces:



martes

DIPLOMA PARTICIPACIÓN CLASES SEN FUME 2º DE ESO


Despois dun curso aprendendo e coñecendo os aspectos nocivos do tabaco, realizando actividades sobre esta temática e, o que é máis importante, sen iniciarse no consumo do tabaco, o alumnado de 2º de ESO obtivo o diploma de participación en clases sen fume 2012 - 2013.



DIPLOMA PARTICIPACIÓN EN CLASES SEN FUME 1º DE ESO



Despois dun curso aprendendo e coñecendo os aspectos nocivos do tabaco, realizando actividades sobre esta temática e, o que é máis importante, sen iniciarse no consumo do tabaco, o alumnado de 1º de ESO obtivo o diploma de participación en clases sen fume 2012 - 2013.


lunes

NOTAS DE CORTE DAS TITULACIÓNS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO 2012 - 2013

Se queredes consultar as notas de corte de acceso das titulacións universitarias que se imparten en Galicia, podedes consultalas no enlace de abaixo. As notas de corte é a nota que sacou a última persoa que se matriculou nesa titulación. Ademáis aparece o número de prazas ofertadas para cada titulación de grao e aquelas nas que non se cubriron todas as prazas ofertadas.

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DAS MATERIAS DA FASE ESPECÍFICA PARA AS PAAU 2013



Aqui vos deixo o enlace para que vexades os parámetros de ponderación das materias da fase específica para as probas de acceso á universidade no sistema universitario galego, para cursasr as ensinanzas universitarias oficiais de grao. Tedes que ter en conta que aquelas materias que están marcadas cun asterisco non son materias impartidas en 2º de bacharelato en Galicia, e, polo tanto, non son materia obxecto de exame na nosa Comunidade Autónoma.


viernes

CHARLA: "E DESPOIS DA ESO, QUÉ? PARA 4º DE ESO

O xoves 6 de xuño de 2013 celebrouse unha charla no CPI Dr. López Suárez para as familias do alumnado de 4º de ESO, impartida polo orientador do centro.
A charla titulada "E despois da ESO, qué", tiña como obxectivo informar ás familias das posibilidades educativas que existen despois da ESO. Déixovos abaixo a presentación utilizada como apoio á conferencia.


miércoles

NOTAS PROVISORIAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 2013

Publicouse hoxe a listaxe provisional de aprobados e suspensos da probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. 
Prazo de reclamación ás notas o 6, 7, 8 e 10 de xuño de 2013. A reclamación farase no centro onde se presentou a solicitude de inscrición. 
O día 18 de xuño saen publicadas as cualificacións definitivas. A miña enhoraboa o todos aqueles que aprobastes.

Deixo abaixo o enlace para que consultedes as notas.


viernes

EXAMES DA CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO 2013



Para aqueles/as que vos presentastes as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, convocatoria do ano 2013, déixovos un enlace onde poderedes ver os exames que se puxeron (versión amarela e versión azul) e as respostas (están ao final de cada exame).



jueves

SEDE E INSTRUCCIÓNS SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Publicouse na páxina web da Consellería de Educación da Xunta de Galicia as sedes onde se van a realizar as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. O alumnado do CPI Dr. López Suárez realizarán as probas no IES A Pinguela de Monforte de Lemos.


En dita páxina tamén se ditan as instruccións para a realización de ditas probas. Lembrarse que as probas se realizarán o xoves 23 de maio de 2013 co seguinte horario:
  • 09:00: presentación (levar DNI e folla da solicitude de inscrición)
  • Das 10:00 ás 13:00: parte matemática e parte sociolingüística da proba (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais)
  • Das 16:00 ás 18:00: parte científico-técnica da proba (ciencias da natureza e tecnoloxía)
Non se poderá acceder ao lugar da realización das probas con móbil nin calquera dispositivo electrónico, agás unha calculadora, que non sexa gráfica nin poida almacenar datos.
As probas faránse cun bolígrafo de tinta azul ou negra.

Para máis información podes pinchar no seguinte enlace:



martes

INTERNET, GUÍA PARA NAIS E PAIS

Interesante presentación realizada por Pablo Garaizar Sagarminaga sobre as redes sociais e internet.


Nesta presentación intodúcenos ás redes sociais, fálanos das medidas de seguridade, tanto física como informática e danos unha serie de consellos a ter en conta.

viernes

CAMPUS DE VERÁN CIENTÍFICO TÉCNICO LUGO

A Universidade de Santiago de Compostela organiza no seu campus de Lugo un Campus de Verán Científico - Técnico ao abeiro do seu programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC".


Este campus ten como obxectivos fomentar o interese do alumnado preuniversitario pola Ciencia e Tecnoloxía e informar das titulacións relacionadas con elas no campus de Lugo e das súas saídas profesionais.
É un curso eminentemente práctico, con talleres e proxectos científicos ou técnicos nos que o alumnado terá un contacto directo coas diversas ramas da ciencia e da tecnoloxía e coa contorna universitaria.
O curso terá lugar do 25 ao 28 de xuño e vai dirixido preferentemente ao alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato.
Para participar ahi que envíar o formulario de pre-inscrición antes do 20 de maio (www.usc.es/gl/cursos/campcientec). Unha vez admitido, hai que facer o ingreso do custo da matrícula, que son 25 euros.

Para máis información podes acudir ao Departamento de Orientación ou pincha no enlace de abaixo:

1º de ESO: CLASES SEN FUME 2012 - 2013

O alumnado de 1º e de 2º de ESO do noso centro están a participar neste curso escolar no programa europeo de prevención do tabaquismo.


As actividades que desenvolveron ao longo do curso foron os seguintes:

  • compromiso colectivo de toda a clase de manterse sen fumar ao longo de 6 meses consecutivos durante o curso escolar.
  • realización dun slogan sobre a prevención do tabaquismo
  • realización de actividades e unidades didácticas
  • elaboración dunha actividade creativa
Ao longo do curso as alumnas e alumnos de 1º de ESO foron realizando un vídeo musical, que podedes ver a continuación:




ADQUISICIÓN DE VOCABULARIO DE 0 A 3 ANOS

Baby Einstein é unha compañía fundada por Julie Aignier Clark, nai e profesora de literatura, que ten produtos destinados a bebes de entre 0 e 3 anos. 


Entre estes produtos ten unha colección de DVDs moi interesantes que resultan motivadores para os bebes e lles axuda a adquirir vocabulario e a explorar o mundo.
Pódese atopar en youtube unha mostra representativa dos DVDs. Aqui vos deixo un enlace a youtube:



2º de ESO: CLASES SEN FUME 2012 - 2013

O alumnado de 1º e de 2º de ESO do noso centro participaron neste curso escolar no programa europeo de prevención do tabaquismo.



As actividades que desenvolveron ao longo do curso foron os seguintes:
  • Compromiso colectivo de toda a clase de manterse sen fumar ao longo de 6 meses consecutivos durante o curso escolar
  • realización dun slogan sobre a prevención do tabaquismo
  • realización de actividades e unidades didácticas
  • elaboración dunha actividade creativa
Ao longo do curso os alumnos e alumnas de 2º de ESO realizaron uns PowerPoint, que podedes ver a continuación:

miércoles

DISLEXIA

Manual en formato pdf, publicado pola Consejería de educación de la Junta de Andalucía, sobre a dislexia.


Presenta o seguinte índice:

  1. Quenes son os alumnos e alumnas con dislexia?
  2. Identificación e avaliación do alumnado con dislexia
  3. Necesidades específicas de apoio educativo
  4. Atención educativa
  5. A familia
  6. Glosario
  7. Bibliografía
A continuación tedes o enlace á publicación:



martes

TÉCNICAS DE ESTUDO DA JUNTA DE EXTREMADURA

A Junta de Extremadura elaborou un programa interactivo pensado para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria sobre as técnicas de estudo.



Déixovos o enlace para acceder ao recurso:

PROGRAMA INTERACTIVO "APRENDE A ESTUDAR"

A Junta de Castilla - León elaborou un programa interactivo para aprender a estudar. O alumno pode ir escollendo diferentes categorías, dende condicións de estudo, alimentación, técnicas de estudo, etc..., con consellos, xogos e exercicios prácticos


Abaixo desta línea tedes o enlace para acceder á aplicación:

VIDEO "COMO FACER RESUMES"

Vídeo moi sinxelo que nos explica como facer un resume. Elaborado por Practicopedia.


VIDEO " COMO FACER ESQUEMAS"

Vídeo moi sinxelo que explica como facer esquemas. Elaborado por Practicopedia.

VIDEO INFORMATIVO "COMO ESTUDAR"

Un vídeo moi sinxelo que explica como hai que estudar. Elaborado por Practicopedia


MÉTODO DE ESTUDO

Presentación de Fernando Navarro Morcillo (orientador) onde nos explica o método de estudo 2L SEMER


Este método ten o seguinte guión:
  1. lectura rápida, exploratoria, de tanteo
  2. lectura detida, de análise, comprensiva
  3. subliñado
  4. esquema e/ou resume
  5. memorización
  6. exposición en voz alta
  7. repaso

COMO ESTUDAR

Interesante páxina do INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) relacionado coas técnicas de estudo. A páxina ten o seguinte esquema:


  • como estudar
  • aprender a estudar
  • traballar ben na clase
  • ler o tema
  • subliñar e esquematizar
  • repasar, non copiar
  • traballar ben no exame
  • revisar o exame
Os temas veñen reforzos con videos e resumes. Enlace á páxina do INTEF:


viernes

TAREFAS ESCOLARES E FAMILIA

Publicouse no País Dixital un interesante artigo de Elisa Silió sobre o papel que teñen que desempeñar a familia nas súas casas coas tarefas que lles encomendan os profesores. Remata o artigo facendo unha serie de recomendacións:


  • O pai non debe sentarse nunha cadeira ao lado do estudante porque transmite mensaxes negativas: "non sabes facelo só, descoida que xa me ocupo eu, ..."
  • Non hai que correxir os exercicios na casa. O obxectivo non é levalos perfectos, senón probas a facelos para se conscientes da súa dificultades. O profesor corrixe mellor, hai que escoitalo.
  • O neno ten que anotar nunha axenda os deberes, leccións a estudar, traballos a entregar, datas de exames
  • Hai que empezar por unha tarefa breve e sinxela para quentar motores e logo facer as menos agradables. Reservar para o final algo lixeiro e entretido.
  • Un reloxo na mesa axuda a controlar o tempo.
  • Lembrarse que non é posible manter a atención ininterrumpidamente máis de 40 minutos.
  • É recomendable estudar nun lugar da casa que non sexa de uso común, co móbil apagado.
  • Hai que comprobar que corrixiu na clase os deberes e en qué fallou.

No seguinte enlace podedes ler o artigo completo:

jueves

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2013

Publicouse no DOGA do 2 de abril de 2013 a oferta da Consellería de Traballo e Benestar de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán.
Poderán presentarse as solicitudes ata o 17 de abril de 2013.
Para máis información consultar o DOGA no seguinte enlace:

MATERIAL PARA PREPARAR AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO



Na páxina web da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, na súa sección adicada á formación profesional, están colgados os exames de convocatorias de anos anteriores. Támen están recollidos unha serie de materiais secuenciadas en materias e unidades didácticas para a preparación das probas. 




miércoles

FOLLA INFORMATIVA SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO



Na seguinte ligazón tedes a información escrita que se lles proporcionou aos alumnos/as sobre as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio do ano 2013:

CONFERENCIA EMILIO CALATAYUD


extraordinaria conferencia dada polo xuíz de menores de Granada. Expón o papel da familia na educación dos fillos e dos moitos erros que se cometen.


martes

O PAPEL DA FAMILIA NO ESTUDO DOS SEUS FILLOS/AS



Ao principio de curso, como todos os anos, o profesorado deste centro, xunto co equipo directivo e o orientador, celebramos unha xornada informativa - de acollida - coas familias.
En dita xornada o departamento de orientación fai unha presentación sobre un tema de interese. Neste curso escolar o tema escollido foi: o papel que desempeña as familias en relación ao estudo.